| |
|
Memoria de actividades do
2001
Durante o ano 2001, a Confederación levou a
cabo unha serie de actividades, entre as que hai que destacar:
- Consolidación das relacións coa
UNOPS (Oficina das Nacións Unidas ó Servicio de
Proxectos): participación no "Seminario internacional
sobre cooperación e partenariados territoriais para o desenvolvemento
da área mediterránea", que tivo lugar en Vibo
Valentia (Italia) en xaneiro, e firma de acordos de colaboración
con algúns Fondos (Euskal Fondoa, FAMSI e Fons Català).
- Comparecencia no Senado: o 10 de maio a
Confederación de Fondos compareceu ante a Ponencia para
o estudio da Cooperación Descentralizada, creada pola Comisión
de Asuntos Exteriores do Senado, onde se expuso a importancia
que nos últimos anos adquiriu a cooperación descentralizada
no ámbito do Estado e, por iso mesmo, defendeuse a necesidade
de ser promocionada e recibir axuda doutras institucións
- Análise dos modelos de cooperación
descentralizada en Europa: do que hai que destacar que existen
catro Estados: Bélxica, Francia, Italia e Suecia, que
recoñecen explicitamente -mediante regulación lexislativa-
competencias propias no eido da cooperación ás administraciones
rexionais e/ou locais. Ademais, os tres últimos inclúen
a posibilidade de cofinanciar proxectos presentados por entes
locais.
- Apertura dunha oficina permanente en Marrocos:
en outubro entrou en funcionamento unha oficina da Confederación
en Tetuán, que puxeron a andar conxuntamente o Fons Català
e o Fons Mallorquí co obxetivo de dar pulo á relación
de cooperación cos países do Magreb, e a longo prazo
a tódala zona sur e oriental do Mediterráneo
- Publicacións: tamén no mes
de outubro apareceu en castelán, en catalán e en
galego o libro Municipalismo e solidaridade. Guía da cooperación
descentralizada, que quere ser un instrumento de reflexión
sobre as posibilidades e alternativas que ofrece a cooperación
descentralizada. Por outra banda, púxose a andar a traducción
da Memoria 1999-2000 ó francés, coa intención
de que se converta nunha carta de presentación que facilite
as relaciones exteriores, especialmente coa UE, e para o Magreb.
- Municipalia: por convidación do Concello
de Lleida, a Confederación participou na feria Municipalia
(16 ó 19 de outubro). O día 17 tivo lugar a presentación
da Guía da cooperación descentralizada e do Estudi
da cooperació local de Catalunya amb els països del
Sud, e a conferencia "Xestión municipal participativa
e solidaridade", a cargo da esperta uruguaia Arlés
Caruso.
- Comisión Interterritorial: o 24 de
septembro asistíuse á convocatoria da Comisión
Interterritorial, que tiña como tema central a aprobación
do Plan Anual 2002. A proposta completa do Plan do Gobierno foi
enmendada pola Confederación mediante un documento no que
se puñan en cuestión varios puntos, tanto conceptuais
coma formais.
- Reunión co Secretario xeral da AECI:
o día 31 de outubro tivo lugar unha entrevista dunha
delegación da Confederación de Fondos co Secretario
xeral da Axencia Española de Cooperación Internacional,
Sr. Rafael Rodríguez-Ponga Salamanca, na que se acordou
propicia-la xeneralización de convenios de colaboración
entre a Agencia e os Fondos que aínda no os tiveran mediante
a elaboración dun Convenio Marco, que facilite a presentación
de proxectos no eido dos plans operativos.
- Comisión Permanente Interterritorial:
sobre a reunión celebrada o 19 de novembro, convén
destaca-la vontade do goberno de dar contido á Comisión
Interterritorial na liña de coordinar a convocatoria, execución
e seguimento de proxectos de cooperación directa e de emerxencia,
malia de mellorar a contabilización dos recursos da cooperación
descentralizada, e sobre todo de establecer convenios. Informouse
tamén sobre os exames do CAD deste ano.
- Observació de les eleccions a Nicaragua:
amb motiu de la celebració de les eleccions generals a
Nicaragua el 4 de novembre de 2001, la Confederació envià
una delegació d'observadors integrada per representants
d'Euskal Fondoa, Fons Català, Fons Mallorquí, Fons
Pitiús i Fons Valencià, que a posteriori, van poder
visitar diferents projectes de Nicaragua i El Salvador el seguiment
dels quals es realitza des de l'oficina de Managua, i participar
a l' "Encuentro internacional de mujeres electas en cargos
públicos de entidades locales" (El Salvador, 8 a 12
de novembre).
- Contacto con posibles futuras xestoras de novos
fondos de cooperación: a Confederación foi convidada
a unha reunión, o 8 de novembro, a Asturias, para dar a
coñecer as características dos Fondos de Cooperación
en xeral e as diversas modalidades que adoptan, a prol de constituir
unha comisión que xestione a creación dun Fondo
Asturiano. Por outra banda e tamén coa finalidade de contribuír
a consolidar posibles novos fondos, a Confederación de
Fondos de Cooperación participou en sendas Xornadas sobre
cooperación descentralizada organizadas respectivamente
pola Secretaría de Acción Exterior do Gobierno Autónomo
de Murcia e pola Asociación para a Cooperación ó
Desenvolvimento no Ámbito Municipal (ACODAM) de Badaxoz.
- Foro Social Mundial de Porto Alegre: Desde
a Confederación foise seguindo e valorouse moi positivamente
o proceso que se puxo a andar a raíz da celebración
do I FSM de Porto Alegre a finais de xaneiro de 2001, con especial
interese polas propostas de actos a escala rexional que sirvan
non so para facilita-lo diálogo, senón tamén
para incorporar a sectores, áreas xeográficas e
culturas que aínda non estean representados no Foro. Nese
senso, e na liña que marcan os principios do Foro de Autoridades
Locais pola Inclusión Social, a Confederación de
Fondos decidiu enviar algún representante ó II FSM
de Porto Alegre 2002.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|