|
Publicacións
A Confederación de Fondos de Cooperación
y Solidaridad conta coa colección de publicacións
Cooperación municipal al desarrollo, que pretende
divulgar entre os seus socios e entre a sociedade civil organizada
o traballo que levan a cabo os Fondos e as súas liñas
conceptuais sobre cooperación.
Na actualidade hai seis números publicados nesta colección:
1. CONSTRUYENDO DEMOCRACIA Y PODER LOCAL.
Barcelona, xaneiro 2000.
Recolle as intervencións e conclusións
do encontro municipalista celebrado en Antigua (Guatemala) en xullo
de 1998, no que a Confederación de Fondos e diversas redes
municipalistas de El Salvador, Guatemala, México e Nicaragua
traballaron conxuntamente no marco da recuperación democrática
nos países centroamericanos, e o impulso da participación
cidadá no ámbito local. En castelá. 80 pp.
2. MEMORIA 1999-2000. Barcelona, outubro
2000
Presenta as principais actuacións da Confederación
e as actividades que cada Fondo de Cooperación realizou neses
dous anos. Editada en castelá, en catalán e en francés.
90 pp.
3. 2º ENCUENTRO DE MUNICIPALISMO EN
CENTROAMÉRICA, MÉXICO Y CARIBE.
Barcelona, xaneiro 2001.
Resume as ponencias do segundo encontro municipalista,
celebrado en febreiro do 2000 en Mataró. Os debates deste
encontro centráronse en iniciar un proceso de consolidación
da articulación rexional e do intercambio entre redes municipalistas
de El Salvador, Guatemala, México, Nicaragua, e, máis
recentemente, Cuba e Honduras. En castelá. 216 pp.
Texto
íntegro nº3 (1495 kb)
4. 2ª JORNADA ESTATAL DE COOPERACIÓN
DESCENTRALIZADA
Barcelona, febreiro 2001.
Incorpora as ponencias da segunda xornada de cooperación
descentralizada que tivo lugar en Alcorcón en xuño
do 2000, organizada pola Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento
do Estado español e a Confederación de fondos de Cooperación
y Solidaridad. Inclúe a proposta de Homoxeneización
de Criterios da Cooperación descentralizada, presentada po
la Coordinadora de ONGD, e o informe de reflexión sobre este
documento realizado po la Confederación de Fondos. En castelá.
164 pp.
Texto
íntegro nº4 (1549 kb)
5. MUNICIPALISMO E SOLIDARIEDADE.
GUÍA SOBRE COOPERACIÓN DESCENTRALIZADA.
Barcelona, xullo 2001.
Constitúe unha guía de referencia para
as corporacións locais no que a accións de cooperación
e solidariedade, e as súas aplicacións conceptuais
se refire. Editada en castelá, en catalán, en galego
e en euskera. 154 pp.
Texto
íntegro nº5 (2214 kb)
6. REALIDADE DOS FONDOS DE COOPERACIÓN 2001-2003
Barcelona, decembro 2003
Presenta as iniciativas que os Fondos teñen
desenvolvido conxuntamente coma Confederación, así
como unha perspectiva xeral do labor que teñen realizado
cada un dos Fondos de Cooperación que a conforman no período
2001-2003. Editada en castelá, catalán, en francés
e en inglés. 128 pp.
Texto
íntegro nº6 (909 kb)
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|