Página sobre el plan de trabajo del 2002.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina principal
Que é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
publicaciónsmemoria 2001memoria 2002plan de traballo 2002boletín
   

Plan de traballo 2002

O Plan de traballo da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade para 2002 presenta unha liña de continuidade respecto ó do ano 2001, a excepción da introducción dun apartado específico para fomenta-la interlocución no ámbito autonómico, perante a posta en funcionamento de procesos de aprobación de leis de cooperación en varias Comunidades Autónomas.

  • Marco legal autonómico: o obxetivo é traballar activamente para que se manteña e, se fose posible, se amplíe ó marco autonómico a interlocución conseguida no marco estatal. Hai que facer os esforzos necesarios para que cada Fondo se converta no seu territorio no referente en canto a compilación de datos sobre a cooperación que levan a cabo as corporacións locais.

  • Representación conxunta e seguimento da cooperación do Estado: desde diferentes niveis, tanto na Comisión Interterritorial e a AECI, como noutros ámbitos estatais ou europeos, como a Comisión Parlamentaria de Cooperación, a Comisión de Cooperación da FEMP e a Unidade de cooperación descentralizada da Dirección Xeral do Desenvolvimento da UE. Do mesmo xeito seguirase colaborando coa CONGDE e cos movementos sociais de base cando se considere oportuno. Sempre coa vontade de mellorar tanto a calidade como a cantidade da cooperación ó desenvolvemento, e de difundir noutras Comunidades Autónomas a idea do que é e o que representa un fondo, apoiando os procesos de xestación de novos fondos de cooperación.

  • Cooperación descentralizada en Europa: habería que profundizar nas experiencias analizadas mediante o estudio de diferentes modelos de cooperación descentralizada e as súas modalidades de financiación noutros estados europeos e, ó mesmo tempo, coñecer cómo, desde a propia Comisión Europea, materialízase a vontade decidida de apoia-la cooperación que realizan as administracións de ámbito descentralizado.

  • Reforzo das capacidades dos Fondos: seguindo tres liñas de xestión fundamentais: rigor técnico, transparencia na xestión e incremento da participación. Para asegura-la efectividade do intercambio de experiencias na xestión, metodoloxía e criterio proponse a realización dun novo seminario de técnicos. Por outra banda , é necesario continuar potenciando e fortalecendo o labor das oficinas técnicas de Managua e de Tetuán.

  • Ampliación da colección "Cooperación municipal ó desenvolvemento": con dúas publicacións previstas xa o ano pasado: a edición da Memoria 1999-2000 en francés, como instrumento de presentación ante organismos internacionales e para facilita-las relacións na área do Magreb; e a edición pendente en euskera da Guía sobre a cooperación descentralizada. Por outra banda, prevese un labor máis intenso de difusión das publicacións existentes e a creación do portal de internet da Confederación.

Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
concienciación
Máis información

Marco legal
Recoñecemento legal dos Fondos
Presencia institucional
Participación na Comisión Interterritorial
Principios
Para se constituir como Fondo

formación
 
Via Laietana, 33, 9è 2a - 08003 Barcelona. Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritosl mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade