Página sobre los principios de un Fondo.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina principal
Que é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
marco legalmodelo de fondoprincipiosfondos en perspectiva
   

Principios para se constituir como Fondo. Modelo de Fondo

Os Fondos que conforman a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidaridade estableceron unha serie de puntos que definen o modelo de Fondo de Cooperación que recoñecen como tal. Estas características deben ser compartidas por tódolos Fondos e constitúen unha sorte de "decálogo" de obrigado cumprimento para os organismos que queiran ser considerados como Fondo e integrarse na Confederación:v

1. ENTIDADE AUTÓNOMA LEGALMENTE CONSTITUIDA SEN ÁNIMO DE LUCRO (asociación ou consorcio).

2. ÁMBITO TERRITORIAL: debe nacer nunha determinada comunidade, cunha identidade propia, de forma que ese marco sexa o ámbito de referencia unitaria do municipalismo, con tódala especificidade que comporta. Consonte con isto, a área territorial de presencia do Fondo debe ser, no caso do actual Estado español, como mínimo o dunha comunidade autónoma ou país (excepto as realidades derivadas da insularidade xeográfica). No que se refire ó nivel europeo, contemplarase o ámbito das rexións.

3. MEMBROS: integrada maioritariamente por administracións públicas locais, e tamén administracións públicas, sen exclusións apriorísticas (base política plural). A súa adhesión ó Fondo será acordada polo Plenario de cada organismo por tempo indefinido.

4. OBXETO: constitución e xestión dun fondo económico destinado a financiar proxectos e iniciativas de solidaridade.

5. OBXETIVOS ESTATUARIOS COMÚNS:

  1. Contribuir ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo mediante a constitución e a xestión dun fondo económico, que posibilite unha cooperación descentralizada e que promova un desenvolvemento sostible.

  2. Administrar e xestionar os fondos económicos entregados ó Fondo para proxectos de axuda ó Terceiro Mundo e campañas de sensibilización sobre cooperación ó desenvolvemento.

  3. Fomentar e apoiar os esforzos das institucións oficiais, entidades e asociacións, para crear un clima de opinión favorable á promoción dun novo orden económico internacional.

  4. Estimula-la participación cidadá, mediante campañas e informacións axeitadas, nos proxectos de cooperación co Terceiro Mundo.

  5. Colaborar para que sexa unha realidade a destinación mínima do 0,7% do producto interior bruto na axuda pública ós países subdesenvolvidos, segundo os acordos das Nacións Unidas subscritos polo Estado español.

  6. Ser unha voz ética colectiva que denuncie calquera situación que atente de xeito grave contra os dereitos humanos nos países do sur e que poida presentar propostas de lei e propostas de resolución a prol da solidaridade e a cooperación en calquera ámbito de representación política.

6. IMPLANTACIÓN: contar con apoios necesarios dentro do mundo local, procurando o achegamento e apoio do tecido social (asociativo, movementos sociais).

7. ESTRUCTURA DE FUNCIONAMENTO:

  • POLÍTICA (Xunta Directiva elexida pola Asemblea de Socios e sen retribución económica) e

  • TÉCNICA (Personal técnico con contrato laboral).

8. PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES: ten que contar con:

- PLAN DE TRABALLO (como mínimo anual) que contemple:

  • A xestión conxunta dos recursos das administracións membros con destinación a proxectos ou iniciativas de solidaridade conxuntos.

  • Impulsa-lo fortalecemento das iniciativas que promovan o desenvolvemento local dos países do Sur (indistintamente de se se trata de cooperación directa ou non, e se se leva a cabo ou non a través de entidades sociais ou de administracións locais).

  • Promove-lo fortalecimento do papel do poder local e a profundización da democracia local no Sur e no Norte, e da súa incidencia no ámbito internacional. Do mesmo xeito propicia-lo achegamento entre os pobos.

- ORZAMENTO: dentro do orzamento de gastos deberíase destinar, como mínimo, o 90% dos recursos a actividades de cooperación, sensibilización e/ou emerxencia, e o 10% como máximo a gastos de xestión.

9. TRANSPARENCIA E CONTROL DA XESTIÓN: garantida mediante a realización dunha auditoría externa anual.

10. ORIENTA-LA SÚA FILOSOFÍA E ESTRATEXIAS DE ACTUACIÓN NO QUE SE DENOMINA COOPERACIÓN DESCENTRALIZADA, tal como se recolle na Guía sobre a cooperación descentralizada que a Confederación publicou na colección "Cooperación municipal ó desenvolvemento".

Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
paz
Máis información

Membros
Quén constitúe a Confederación
Qué é a Confederación
Obxetivos e orixes

comunicación
acción
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade