Página sobre el modelo de Fondo de Cooperación.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina principal
Que é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
marco legalmodelo de fondoprincipiosfondos en perspectiva
   

Modelo de Fondo: características e vantaxes

  • Ser un organismo sen ánimo de lucro.

  • Integrado por institucións públicas locais: Concellos, consellos comarcais, mancomunidades, deputacións e tamén a participación do goberno autónomo, de maneira unitaria, independentemente dos partidos que os lideren.

  • Xestionar de forma democrática e participativa un fondo económico co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo e á sensibilización cidadá no ámbito local.

  • Asegura-lo control e a transparencia da xestión dos Fondos, así como o consenso nos obxectivos prioritarios.

  • Limita-los gastos administrativos e de estructura ó redor do 10% dos recursos económicos dispoñibles.

  • Asegura-la continuidade dos proxectos, garantindo que o financiamento non dependerá dos cambios repentinos, xa sexan de índole política ou relacionados co estoupido de situacións de urxencia nos países do Sur.

  • Propicia-la relación Norte/Sur para avanzar na construcción dun mundo máis xusto e solidario.

  • Facilita-lo traballo das administracións locais en temas de cooperación, sen necesidade de crear un modelo de cooperación propio de cada concello ou deputación, evitando duplicidades, gastos de xestión e modelos de desenvolvemento diversos, e, algunhas veces, incoherentes.

  • Facilitar tamén a relación Administración-ONG e grupos de base, que opten por presenta-los seus proxectos de desenvolvemento e programas de sensibilización evitando a dispersión e cunhas bases únicas.

  • Xestionar de maneira conxunta os proxectos e accións de desenvolvemento ó Terceiro Mundo, establecendo criterios que fomenten realmente o desenvolvemento sostible, e apoiar proxectos de maior envergadura.

  • Facer posible a existencia de equipos técnicos para facilita-la avaliación, o control e a transparencia da xestión dos proxectos.

Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
diálogo
Máis información

Membros
Quén constitúe a Confederación
Presencia institucional
Participación na Comisión Interterritorial

xustiza
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade