| |
|
Marco legal de referencia
Ámbito estatal
A Lei española de Cooperación Internacional ó
Desenvolvemento 23/1998, de 7 de xullo, que recoñece
explicitamente a cooperación ó desenvolvimento que
se leva a cabo desde as Comunidades Autónomas e os Entes
Locais, prevén no artigo 23, no apartado correspondente á
Comisión Interterritorial, que "reglamentariamente regularase
a súa composición e funcionamento garantíndose
a presencia e intervención das Comunidades Autónomas,
Entidades Locais ou de aquelas instancias de coordinación
supramunicipal nos que estes deleguen expresamente."
No regulamento que desenvolve a composición e funcións
da Comisión Interterritorial (Real Decreto 22/2000
do 14 de xaneiro) faise un recoñecemento explícito
ós Fondos de Cooperación ó dicir, no artigo
4, que "19 representantes das Entidades locais que xestionen
fondos conceptuados nos seus respectivos orzamentos como axuda oficial
ó desenvolvimento de instancias supramunicipais nas que estas
expresamente deleguen, en particular os Fondos de Cooperación
e Solidaridade, serán elexidos pola asociación
do ámbito estatal con maior implantación, dacordo
cos seus propios procedementos internos."
Ámbito autonómico
Ultimamente puxéronse a andar procesos de elaboración
e aprobación de leis de cooperación en diversas Comunidades
Autónomas, que incorporan referencias expresas ó papel
dos Fondos de Cooperación e Solidaridade.
Cataluña
A Lei de cooperación ó desenvolvemento
26/2001, de 31 de decembro, establece no artigo 23 a creación
dunha Comisión de Coordinación cos Entes Locais, o
punto di: "A Comisión de Coordinación cos Entes
Locais ten composición paritaria, e participan nela representantes
dos departamentos e os organismos da Xeneralidade, dos entes territoriais
e locais designados polas súas entidades representativas,
e do Fondo Catalán de Cooperación ó
Desenvolvemento. A Comisión está presidida
polo conselleiro ou conselleira competente en materia de actuacións
exteriores, que pode delegar no director ou directora xeral que
corresponda."
No proceso de desenvolvemento do regulamento que regula
os órganos de coordinación e colaboración e
os órganos consultivos desta Lei, o Fons Català ten
desempeñado un papel moi activo, que lle ten permitido obter
un alto grao de representación, tanto cualitativa coma cuantitativa,
tal e como se recolle no Decreto 105/2003, de 15 de abril. Participa
na Comisión de Coordinación cos Entes Locais,
que ten funcións informativas, consultivas e de coordinación,
con 1 vicepresidencia, 3 vocalías e a asistencia con voz
e sen voto da persoa titular da xerencia do Fondo (artigo 17). Polo
que respecta ó Consello de Cooperación ó
Desenvolvemento, órgano consultivo e de participación
da comunidade catalá no ámbito da cooperación
ó desenvolvemento, o Fons Català conta cunha vocalía
(artigo 20).
Aragón
A Lei relativa á cooperación para
o desenvolvemento aprobada polas Cortes de Aragón
o 14 de decembro de 2000, inclúe na disposición
adicional segunda a creación dun Fondo Aragonés de
Cooperación para o Desenvolvemento:
- A Administración da Comunidade Autónoma
de Aragón promoverá a constitución dun Fondo
Aragonés de Cooperación para o Desenvolvemento,
que se constituirá, mediante decisión voluntaria,
coas aportacións económicas das Administracións
públicas aragonesas, das organizacións non gubernamentais
de cooperación para o desenvolvemento e das entidades que
traballen neste ámbito, así como coas aportacións
privadas que puidesen ter lugar co fin de aumentar e coordinar
a axuda á cooperación para o desenvolvemento.
- Este Fondo crearase dentro do prazo de dezaoito
meses desde a entrada en vigor desta Lei."
No Decreto 22/2002, de 22 de xaneiro, do Goberno de
Aragón, polo que se aproba o Regulamento do Consello Aragonés
de Cooperación para o Desenvolvemento, órgano
de consulta e asesoramento en materia de solidariedade internacional
e cooperación para o desenvolvemento previsto en dita lei,
especificase igualmente que na súa composición participará
como vocal un representante do Fondo Aragonés de Cooperación
(artigo 3).
Castela-A Mancha
A Lei de Cooperación Internacional para o
Desenvolvemento, aprobada o 13 de febreiro do 2003, prevé
no Capitulo V a creación dun Fondo Castelá-Manchego
de Cooperación, e determina tanto a súa constitución
e composición como a orixe dos seus recursos (artigos 11
e 12). Tamén establece que a Xunta de Comunidades de Castela-A
Mancha promoverá a participación das Corporacións
Locais e das persoas físicas e xurídicas no Fondo,
previndo incentivos fiscais para as persoas donantes, así
coma prioridade na concesión de axudas e subvencións
da Xunta ás Corporacións Locais e empresas ou entidades
que realicen contribucións ó Fondo (artigos 13 e 14).
Galicia
Máis recentemente, a Lei 3/2003, do 19 de
xuño, de cooperación para o desenvolvemento de
Galicia recoñece na súa parte introductoria o papel
que ten desempeñado o Fondo Galego no desenvolvemento dun
modelo propio de cooperación local:
"Así mesmo, a creación do Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade, co apoio da Federación
Galega de Municipios e Provincias e a Administración autonómica,
permitiu a asunción por parte do municipalismo galego dunha
liña de actuación propia, pola que se promove a participación
en proxectos e programas de cooperación, evita atomizacións
ou duplicidades e postula a práctica dunha cooperación
que en ningún caso anula a autonomía de cadaquén."
Por outra banda, a mesma lei especifica, no seu artigo
20, a participación do Fondo na Comisión Interterritorial
de Cooperación para o Desenvolvemento, órgano
de coordinación e colaboración entre a Xunta e as
administracións locais: "3. A composición e o
funcionamento da Comisión Interterritorial de Cooperación
para o Desenvolvemento determinaranse regulamentariamente. En todo
caso, terá composición paritaria e participarán
nela representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade."
Estremadura
O Plan Xeral de Cooperación Estremeña
ó Desenvolvemento 2004-2007, aprobado o 2 de abril de
2004 pola Asemblea de Estremadura, inclúe no capítulo
de Instrumentos e modalidades un apartado dedicado exclusivamente
ó Fondo estremeño de cooperación ó desenvolvemento,
no que recoñece explicitamente o papel dos fondos de cooperación
e, en concreto, preveuse prestar apoio ó Fondo Estremeño:
"Unha das ferramentas máis interesantes
que se están a utilizar en varias rexións do noso
entorno é a constitución de Fondos de Cooperación.
Promoverase a consolidación e incremento progresivo do
Fondo Estremeño Local de Cooperación ó Desenvolvemento
(FELCODE), en colaboración con outras entidades públicas
e privadas da Comunidade Autónoma.
(...)
O Fondo Estremeño constitúe un bo instrumento á
hora de canalizar e fomentar a implicación das corporacións
locais na cooperación. Un dos obxectivos irrenunciables
do fondo debe ser conseguir que cada vez haxa máis corporacións
locais que presten a súa axuda á cooperación,
chegando a un horizonte próximo ó 0,7% dos seus presupostos."
Este recoñecemento queda reflectido na representación
do Fondo Extremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento
nos órganos consultivos e de coordinación que regulan
os decretos 37/2005 e 38/2005, de 9 de febreiro, nos que se asigna
ao Fondo un vocal no Consello Asesor de Cooperación para
o Desenvolvemento (art. 3, apartado e) e outro na Comisión
Autonómica de Cooperación para o Desenvolvemento
(art. 3, apartado e), respectivamente.
Neste sentido, hai que sinalar que o Plan Anual
da Cooperación Extremeña para o ano 2005 (DOE
núm. 8, 22 de xaneiro de 2005) prevé entre as accións
para ese ano, no apartado h), levar a cabo as actividades previstas
no convenio co Fondo Extremeño Local de Cooperación
ao Desenvolvemento (FELCODE) para a execución de proxectos
de fortalecemento municipal en América Latina e a ampliación
das mismas cando así se considere por ambas partes.
Asturias
O Plan Cuadrienal da Cooperación Asturiana
ao Desenvolvemento 2004-2007 prevé o apoio ao proceso
de xestación do Fondo Asturiano de Cooperación. Así
se reflicte no capítulo 8, dentro do apartado de Coordinación
Interinstitucional:
"Promoverase a creación dun Fondo Asturiano
de Cooperación ao Desenvolvemento e Solidariedade do
que formarán parte de forma voluntaria os Concellos e que
servirá para coordinar a información e as estratexias
en materia de cooperación ao desenvolvemento.
De este xeito, apostarase por a aplicación de criterios homoxéneos
evitando a duplicidade de accións e posibilitando líneas
coordinadas de actuación."
No capítulo 10, dedicado á temporalización
das propostas do Plan Cuadrienal, se establece a constitución
de dito Fondo para o primeiro semestre do 2006.
Illes Balears
A Lei 9/2005 de Cooperación para o Desenvolvemento,
aprobada o 21 de xuño de 2005, recoñece explícitamente
aos fondos de cooperación das Illes Balears (Fons Mallorquí
de Solidaritat i Cooperació, Fons Menorquí de Cooperació
y Fons Pitiús de Cooperació) como axentes de cooperación
(art. 29, punto 1b) e valora a súa laboura vertebradora cando
reza no artigo 21, punto 3: "O Goberno das Illes Balears ten
que levar a cabo unha política activa de colaboración
cos consellos insulares e os entes locais das Illes Balears que
destinan recursos á cooperación para o desenvolvemento.
En especial, debe impulsar a participación dos entes locais
das Illes Balears en accións de cooperación para o
desenvolvemento mediante a aplicación de instrumentos mancomunados,
consorcios interadministrativos ou outros entes de características
análogas, como os fondos insulares de cooperación."
Por outro lado, a Lei establece a participación
dos 3 Fondos das Illes Balears nos órganos de coordinación
e consulta, concretamente no Consello de Cooperación para
o Desenvolvemento (art. 27, punto 2) e a Comisión
de Coordinación dos Entes Territoriais (art. 28, punto
1).
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|