| |
|
Fondo Extremeño Local
de Cooperación al Desarrollo
O Fondo Extremeño Local de Cooperación
al Desarrollo, FELCODE, constituído en marzo do 2002, é
un organismo sen ánimo de lucro integrado por institucións
públicas locais da Comunidade Autónoma de Estremadura
(concellos, deputacións, mancomunidades), coa participación
doutras entidades públicas e privadas da rexión.
Os seus principias obxectivos son os seguintes:
- Contribuír dende o ámbito local estremeño
ó desenvolvemento dos países do xenérico
"Sur" (antes coñecido coma Terceiro Mundo), a
traveso da construcción dun fondo económico.
- Apoiar, no seu caso, proxectos e programas que promovan
un desenvolvemento sostible nestes países con criterios
de igualdade, mutua colaboración, e respeto ás culturas
e ás identidades de cada comunidade.
- Fomentar e prestar axuda ós esforzos das
institucións públicas e entidades privadas de todo
tipo que actúan en Estremadura, para crear un clima de
opinión pública favorable á promoción
dunha nova orde económica internacional máis xusta,
sa e máis solidaria.
- Estimular a participación cidadá na
cooperación solidaria ó desenvolvemento.
- Colaborar para que o destino mínimo do 0,7%
do P.I.B. á axuda pública para os países
subdesenvolvidos sexa unha realidade, segundo o acordo da ONU
subscrito polo Estado Español.
No marco deses obxectivos, o Fondo Extremeño
Local desenvolve as súas actividades en tres áreas:
a) Proxectos e iniciativas de desenvolvemento:
impulsando con prioritariamente iniciativas que fomenten o municipalismo,
a descentralización, a participación cidadá,
o desenvolvemento local, os dereitos humanos e dos pobos, e o desenvolvemento
sostible, tentando abordar as causas estructurais da pobreza.
b) Sensibilización e educación para o desenvolvemento:
contribuíndo a manter á opinión pública
informada da realidade da pobreza no mundo, e das causas e estructuras
que a perpetúan.
c) Axuda humanitaria e de emerxencia: axudando á
coordinación de esforzos entre municipios e deputacións,
e a administración autónoma, entidades financeiras,
ONG e a sociedade en xeral, para fortalecer a capacidade de acción
humanitaria e de emerxencia.
Na actualidade o Fondo Extremeño Local conta
con 119 socios, entre
os que se atopan as Deputacións de Badaxoz e Cáceres.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|