| |
|
Fondo Andaluz de Municipios
para la Solidaridad Internacional
O Fondo andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional,
creado a primeiros do ano 2000, ten por finalidade fortalecer a
cooperación para o desenvolvemento impulsada dende os municipios,
mancomunidades e deputacións de Andalucía, e apoiar
a promoción da solidariedade como actitude xeneralizada na
sociedade andaluza. Ademais das entidades asociadas, o FAMSI conta
cunha rede de entidades colaboradoras (Xunta de Andalucía,
Caixas de Aforros) e asociativas (FAMP, Coordinadora de ONG de Andalucía,
Confederación de Asociacións de Veciños de
Andalucía, Asociación de Emisoras Municipais de Radio
e Televisión de Andalucía, etc.).
Os principios que rexen a actividade do FAMSI son os seguintes
- Defender un modelo de desenvolvemento social xusto,
que fomente a redistribución da riqueza e a garantía
do benestar para toda a humanidade.
- Loitar por un modelo de desenvolvemento ambiental
sa que protexa a natureza, garantindo a utilización dos
recursos de forma sostible e a súa preservación
para as xeracións futuras.
- Reclamar os dereitos humanos individuais e colectivos,
comezando polo dereito á vida, á saúde e
á educación.
- Apoiar especialmente medidas, accións e propostas
contra o racismo e a xenofobia, e a favor da igualdade de oportunidades
para homes e mulleres.
Estes principios lévanse a cabo no marco das
nosas liñas de traballo:
a) Avaliando e inventariando a cooperación
descentralizada en Andalucía durante os últimos anos.
b) Impulsando a posta en marcha de iniciativas de desenvolvemento
coordinadas tanto con entidades asociadas, a traveso de cooperación
directa, coma con ONG.
c) Levando a cabo un extenso programa de sensibilización
e comunicación coa participación de institucións
e axentes sociais.
d) Desenvolvendo actividades de formación que permitan
mellorar a calidade da xestión e o compromiso en cooperación
internacional dende os municipios.
Despois dun ano de andadura o Fondo Andaluz conta xa
con 50 socios, entre
eles 7 das 8 deputacións provinciais de Andalucía.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|