| |
|
Fons Pitiús de Cooperació
O Fons Pitiús de Cooperació creouse a
finais de outubro de 1999 coa vontade de coordina-los esforzos de
tódalas institucións das illas de Eivissa e Formentera,
para abrir camiños de sensibilización e asumi-los
proxectos concretos de cooperación cos países empobrecidos,
en colaboración coas ONG:
Entre as principais accións a realizar cabe salientar:
a) Dar a coñece-lo traballo do Fons entre as institucións
e a sociedade pitiusa co fin de que se impliquen en tódolos
seus actos.
b) Promover que tódalas institucións públicas
e entidades privadas das Pitiusas se impliquen en tarefas de cooperación
ó desenvolvemento e que cheguen destinar un mínimo
do 0,7% dos seus respectivos orzamentos.
c) Consolida-las actividades a realizar en tres áreas
de traballo do Fons: financiamento de proxectos, capacidade de reacción
en situacións de emerxencia e sensibilización.
O Fons Pitiús ten 16 socios,
3 deles son concellos, feito que significa que dentro do Fons están
presentes o 50% dos municipios das Pitiusas. O Govern de les Illes
Balears e o Consell Insular d'Eivissa i Formentera son membros do
Fons dende a súa creación.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|