|
Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade
O Fondo Galego naceu en decembro de 1997, despois dunha
ampla reflexión colectiva, co convencemento de que era necesario
propiciar un salto cualitativo nas dinámicas de cooperación
impulsadas dende o movemento municipalista. Co Fondo quérese
democratiza-la cooperación e facer posible que calquera entidade
local poida implicar á súa poboación en actividades
humanitarias.
Os principais obxectivos son o financiamento de programas concretos
de cooperación, e a promoción de campañas de
sensibilización social destinadas á poboación.
As súas actuacións distribúense en 2 áreas:
a) Área de Xestión
b) Área de Sensibilización:
que realiza unha exposición itinerante para promove-la
sensibilización da cidadanía, así como diversas
xornadas e conferencias sobre o papel de cooperación do Fondo.
A pesar da súa recente formación, o Fondo
Galego acadou unha ampla representación (política
e demográfica) que o sitúa en excelentes condicións
para incrementa-la influencia do municipalismo no eido da solidariedade
e incentiva-lo apoio social ás políticas de cooperación
cos países en vías de desenvolvemento. Así
pois, nestes momentos o Fondo Galego ten 84 socios
dos que 80 son concellos que concentran o 56% da poboación
galega, contando ademais coa especial colaboración das sete
grandes cidades que asinaron recentemente un acordo polo cal o Fondo
Galego xestionará toda a partida de cooperación destes
municipios. Á súa vez, o Fondo Galego ten un convenio
de colaboración coa Xunta de Galicia. Así mesmo o
Fondo conta co apoio do sindicalismo galego a través dunha
declaración pública.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|