Página sobre el Fons Menorquí.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina  principal
Qué é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
membrosórganos de gobernopresencia institucionalorganitzación técnica
   

Fons Menorquí de Cooperació

O Fons Menorquí creouse en 1993 co apoio de administracións públicas. ONG, entidades cidadáns e sociedade civil, coa finalidade común de favorecer unha cooperación que impulsara tanto no Norte coma no Sur a participación local no deseño dun modelo de desenvolvemento economicamente sostible e culturalmente plural (encontro intercultural). Entre os seus obxectivos atópanse o financiamento de proxectos en países en vías de desenvolvemento, a sensibilización da sociedade, a denuncia pública das violacións dos Dereitos Humanos, e a difusión das actividades do Fons.

O Fons Menorquí esta organizado en 2 áreas:

a) Área de cooperación: financiamento e seguimento de proxectos en 5 sectores: inmigración, promoción de alternativas económicas sostibles, fortalecemento da sociedade civil e a democracia, emerxencias e necesidades básicas.

b) Área de sensibilización: coordinación das ONG e Administracións en actividades de:

  • Sensibilización (exposicións, conferencias, xornadas, festas).

  • Educación para o desenvolvemento (obradoiros e actividades complementarias ós centros educativos).

  • Formación (cursos destinados ós membros de ONG e á sociedade en xeral en vistas a promover unha maior preparación do tecido asociativo de Menorca).

  • Documentación e reflexión (organización dun fondo documental e promoción da lectura e o intercambio de ideas entre os membros das ONG e as Administracións sociais).

  • Difusión (boletín trimestral e memoria anual nas que se recollen as actividades realizadas polo Fons Menorquí, e publicación periodica d'artículos na prensa local).

Desde a súa creación o Fons Menorquí conta co 100% dos municipios da illa, o 100% das ONG e numerosas entidades cidadáns (asociacións de veciños, centros educativos, pequenos comercios,...). Cos anos o número de socios incrementouse, sobre todo polo que respecta ós socios colaboradores e socios individuais. Actualmente o Fons Menorquí conta con 25 socios entre os que se atopan o Govern de les Illes Balears e o Consell Insular de Menorca.


Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
redistribuir
Máis información

Fons Català
Euskal Fondoa
Fons Valencià
Fons Mallorquí
Fondo Galego
Fons Pitiús
Fondo Andaluz
Fondo Extremeño

       
   
logotipo del Fons Menorquí Fons Menorquí de Cooperació
Carrer de la Pau, 21, baixos
07750 Ferreries
Tel. 971 37 35 09 - Fax. 971 37 36 12

fons@fonsmenorqui.org
menorca.infotelecom.es/fmc
 
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade