Página sobre el Fons Mallorquí.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina  principal
Qué é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
membrosórganos de gobernopresencia institucionalorganitzación técnica
   

Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació

O Fons Mallorquí é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 1993 para coordinar e canalizar as contribucións anuais para a cooperación ó desenvolvemento dos concellos de Mallorca e outras entidades sociais

O seu obxectivo principal é xestionar recursos económicos a traveso de proxectos de cooperación, para contribuír eficazmente ó desenvolvemento das comunidades do Sur destinatarias das propostas, entendendo a cooperación dende un punto de vista integrador, e de reforzo do poder local e a descentralización. Ademáis as actividades do Fons Mallorquí se inscriben tamén nos obxetivos seguintes:

  • Apoiar os esforzos das institucións e entidades de Mallorca para crear un clima de opinión pública favorable a unha orde económica internacional máis xusta;

  • Promover un compromiso político e ético co Sur e cos Dereitos Humanos;

  • Estimular a participación activa e crítica da poboación, a traveso de campañas e
    actividades relacionadas coa cooperación ó desenvolvemento.

O Fons Mallorquí está organizado entres áreas de traballo:

a) Proxectos de Cooperación, encargada de coordinar os proxectos e outras alternativas de cooperación levadas a cabo polo Fons xa sexa a través de proxectos, de axudas de emerxencia, irmandades, convenios de colaboración ou campañas específicas.

b) Sensibilización, actividades de sensibilización sobre a cooperación ó desenvolvemento e financiamento de propostas doutras entidades.

c) Centro de documentación: creado no marco do Centre de Formació per a la Cooperació, como espacio de colaboración entre as ONG da illa e o Fons, para xestionar a información, difusión e investigación en cooperación para o desenvolvemento.

O Fons agrupa na actualidade 58 socios, dos que 51 son concellos que representan á máis do 90% dos municipios da illa. Tanto o Govern de les Illes Balears coma o Consell Insular de Mallorca son membros de pleno dereito do Fons Mallorquí.


Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
coñecer
Máis información

Fons Català
Euskal Fondoa
Fons Valencià
Fons Menorquí
Fondo Galego
Fons Pitiús
Fondo Andaluz
Fondo Extremeño

       
   
Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació
General Riera, 113
07010 Palma de Mallorca
Tel. 971 21 98 20- Fax 971 20 31 30

fons@fonsmallorqui.org
www.fonsmallorqui.org
 
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade