Páxina sobre o Fons Valencià.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina  principal
Qué é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
membrosórganos de gobernopresencia institucionalorganitzación técnica
   

Fons Valencià per la Solidaritat

O Fons Valencià per la Solidaritat creouse no ano 1992 para canalizar dunha forma coordinada os recursos que destinan os concellos a outras entidades valencianas a proxectos de cooperación, para un desenvolvemento sostible e integral dos pobos máis desfavorecidos do mundo.

As súas actividades distribúense en 3 áreas de traballo:

a) Área de Xestión e Difusión, que ten como obxectivo xestionar e difundi-las actividades realizadas polo Fons ó máximo número de institucións, concellos e á sociedade valenciana en xeral.

b) Área de Cooperación, encargada de xestiona-los proxectos presentados polas ONGD e contrapartes do Sur, aprobados polo Fons, ós que se dedica o 90% da totalidade do presuposto anual. O Fons Valenciá participa tamén no Comité de Emerxencia da Comunidade Valenciana.

c) Área de Sensibilización, a través da cal se realizan distintos programas como o Proxecto de Formación de Voluntariado Municipal e Cooperación Internacional, as Xornadas pola Solidariedade nos municipios do Fons Valencià, xornadas para os responsables en cooperación, exposicións, etc, co obxectivo de incidir nas causas da pobreza tamén dende o Norte.

O Fons Valencià confórmano actualmente 106 socios; a Generalitat Valenciana ostenta a Presidencia Honorífica.


Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
colaborar
Máis información

Fons Català
Euskal Fondoa
Fons Mallorquí
Fons Menorquí
Fondo Galego
Fons Pitiús
Fondo Andaluz
Fondo Extremeño

       
   
logotipo del Fons Valencià Fons Valencià per la Solidaritat
Poetes Setabenses, 2
46800 Xàtiva
Tel. 96 227 24 60 - Fax. 96 227 11 57

oficina@fonsvalencia.org
www.fonsvalencia.org
 
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade