| |
|
Euskal Fondoa-Asociación
de Entidades Locales Vascas Cooperantes
Euskal Fondoa é o referente principal da cooperación
vasca ó desenvolvemento de base municipal. Tras un proceso
de debate e reflexión cunha ampla participación de
institucións cooperantes, en 1996 constituíuse a actual
Asociación de Entidades Locais Vascas Cooperantes - Euskal
Fondoa marcando definitivamente a súa vocación municipalista
no eido da cooperación internacional ó desenvolvemento.
Os obxectivos de Euskal Fondoa son
a) Fomento da cooperación ó desenvolvemento:
ofrecendo un sistema de asesoría a corporacións locais
sobre a actuación cooperante, desenvolvendo proxectos intermunicipalistas,
e realizando seminarios de formación dirixidos a responsables
políticos e técnicos da cooperación.
b) Sensibilización cidadá: realizada por concellos
en colaboración con outros axentes locais de solidariedade,
a través de campañas de información e sensibilización
que difundan os principios da cooperación solidaria entre
os cidadáns vascos.
c) Coordinación institucional: establecendo e fomentando
relacións de coordinación e colaboración entre
institucións cooperantes do ámbito vasco, estatal
e internacional para o desenvolvemento de accións conxuntas.
Con unha composición plural desde o punto de vista territorial
e político, na actualidade agrupa a 84 entidades
locales que representan a máis do 80% da poboación
da Comunidade Autónoma do País Vasco.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|