Páxina sobre o Fons Català.Acceso direito aos contidosAcceso direito a información relacionada con esta páxinaAcceso direito ao menú xeralAcceso direito ao submenu Acceso direito ao mapa web
Volver á páxina  principal
Qué é a ConfederaciónQue é un FondoPublicacións e actividadesDocumentación
membrosórganos de gobernopresencia institucionalorganitzación técnica
   

Fons Català de Cooperació al Desenvolupament

O Fons Català de Cooperació é un organismo sen ánimo de lucro nado en xullo de 1986 coa vontade de ser un organismo no que puidesen confluír tódalas institucións públicas (concellos, consellos comarcais, deputacións e Generalitat), co fin de contribuír dende o ámbito catalán ó desenvolvemento dos países máis empobrecidos do planeta, así como a estimulación da participación cidadán mediante campañas informativas. Na actualidade ten 289 socios, entre eles hai 259 concellos que concentran o 85% da poboación catalana.

As súas prioridades delimitáronse en dous marcos de traballo:


a) Marco temático: centrado en fomenta-lo municipalismo e desenvolvemento local, o programa de migracións e desenvolvemento, a promoción dos dereitos humanos e dos pobos, así como o desenvolvemento humano e sostible.

b)· Marco xeográfico: distribuído en 5 áreas, centrado sobre todo en América Latina (con especial interese en Centoamérica e Caribe), o Mediterráneo e África Subsahariana, e tendo en conta tamén, en menor medida, iniciativas en Europa ( só en situacións de emerxencia posbélica) e Asia.

Delimitáronse tamén unhas liñas estratéxicas de traballo para promove-la cooperación descentralizada ó desenvolvemento e o desenvolvemento integral de persoas e comunidades dos países periféricos, así como para sensibilizar á poboación do Norte fomentando a comprensión doutras sociedades e culturas

As dúas entidades que agrupan os concellos cataláns, a Associació Catalana de Municipis i Comarques (ACMC) e a Federació de Municipis de Catalunya (FMC), son organizacións colaboradoras do Fons que instan ós seus integrantes a se asociar no Fons Català. O Fons ten como entidade protectora á Generalitat de Catalunya e é membro do Consell de Cooperació da Generalitat dende a súa constitución en 1995. Así mesmo, a raíz da aprobación da Lei catalana de cooperación ó desenvolvemento (Lei 26/2002, de 31 de decembro), o Fons Català é membro da Comisión de Coordinación cos Entes Locais.


Acceso direito a información relacionada con esta páxina

 
construir
Máis información

Euskal Fondoa
Fons Valencià
Fons Mallorquí
Fons Menorquí
Fondo Galego
Fons Pitiús
Fondo Andaluz
Fondo Extremeño

       
   
logotipo del Fons Català

Fons Català de Cooperació al Desenvolupament
Via Laietana, 33, 9è 2a
08003 Barcelona
Tel 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88

fonscat@pangea.org
www.fonscatala.org
 
 
Portaferrissa, 13 bis, entl., 1a - 08002 BARCELONA Tel. 93 412 26 02 - Fax 93 301 90 88 e-mail: cfondos@confederacionfondos.org
contactar l engadir favoritos l mapa web

© Confederación de Fondos . 2003 Política de privacidade