| |
|
Que é a Confederación
A Confederación de Fondos de Cooperación
e Solidaridade é un marco de coordinación e de representación
conxunta dos distintos Fondos de Cooperación e Solidaridade
existentes no Estado español en tódalas temáticas
que, pola súa importancia, afectan ós seus intereses
comúns.
Obxetivos
As tarefas propias da Confederación enmárcanse
nos seguintes obxetivos:
- Contribuír a impulsar a cooperación
descentralizada dentro e fóra dos ámbitos territoriais
dos seus membros, así como favorece-la súa vertebración
en redes.
- Ser interlocutor común e estable ante as
instituciones estatais, europeas e mundiais con plantexamentos
coincidintes
- Consolidar instrumentos de traballo e xestión
coordinados para conseguir un aprendizaxe mutuo e o establecemento
de criterios comúns de análise, avaliación,
control e seguimento dos proxectos.
- Promover proxectos de sensibilización compartidos
Orixes
A Confederación de Fondos naceu o 19 de setembro
de 1995, froito da ampla coincidencia de plantexamentos existente
entre os diferentes Fondos de Cooperación - a pesares da
súa diversidade de orixes -, para reunir os Fondos legalmente
constituidos e asumir a súa representación conxunta,
respetando en todo momento a independencia e identidade propia de
cada membro.
Os seus membros fundadores son o Fons Català
de Cooperació al Desenvolupament, Euskal Fondoa, o Fons Valencià
per la Solidaritat, o Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació,
e o Fons Menorquí de Cooperació.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|