| |
|
Presencia institucional
A Confederación de Fondos de Cooperación
e Solidariedade levou a cabo unha tarefa importante de seguimento
do proceso de aprobación da Lei de Cooperación
Internacional para o Desenvolvemento do Estado español,
de maneira que o texto aprobado polo Parlamento en xullo de 1998
recolle algunhas das emendas presentadas pola Confederación
de Fondos ós diferentes grupos parlamentarios, nas que se
facía fincapé na importancia da cooperación
descentralizada como vía de participación dos diferentes
organismos locais na cooperación ó desenvolvemento.
Por outra parte, conseguíuse garanti-la presencia
dos Fondos de Cooperación na Comisión Interterritorial,
órgano de representación das institucións locais,
autonómicas e centrais para a coordinación das políticas
de cooperación ó desenvolvemento do Estado español.
Así o previra o Artigo 4 do regulamento que establece a composición
e funcións desta Comisión (BOE nº 13; Real Decreto
22/2000 de 14 de xaneiro):
"19 representantes das Entidades Locais que xestionen
fondos conceptuados nos seus respectivos orzamentos como axuda oficial
ó desenvolvemento, ou de instancias supramunicipais en
que estas expresamente deleguen, en particular os Fondos de Cooperación
e Solidariedade, serán elixidos pola asociación
do ámbito estatal con maior implantación, dacordo
cos seus propios procedementos internos".
Concretamente os Fondos contan con 7 representantes,
que son actualmente:
- Teo Romero i Hernández, presidente
do Fons Català e alcalde de Santa Margarida de Montbui.
- Rosa Maria Ostogain Echeverria, presidenta
de Euskal Fondoa e alcaldesa de Berriz.
- Vicent Moreno Montañés, presidente
do Fons Valencià e alcalde de Castelló de Rugat.
- Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo Galego
e tenente de alcalde de Oleiros.
- Bernardí Coll i Martorell, representante
do Fons Mallorquí, do Fons Menorquí e do Fons Pitiús
e alcalde de Mancor de la Vall.
- Francisco Pulido Muñoz, presidente
do Fondo Andaluz e da Deputación de Córdoba.
- Miguel Ángel Morales Sánchez,
vicepresidente do Fondo Extremeño e da Deputación
de Cáceres.
Na Comisión Permanente Interterritorial
ten representación o Fons Català de Cooperació
al Desenvolupament.
Acceso direito a información relacionada con esta páxina
|
|
|