11/03/2011

Presentación do proxecto con Portugal e Alemaña

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presenta hoxe venres en rolda de prensa a iniciativa ‘Construíndo redes para o desenvolvemento: dos irmandamentos a unha cooperación máis eficiente’. Con este proxecto europeo, a entidade galega asesorará a Portugal na creación do seu propio Fondo de Cooperación e a Alemaña na promoción das redes de cooperación descentralizada. Na presentación participarán:

-   Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

-   Hermínia Ribeiro Basto, coordinadora de proxectos da ONGD portuguesa Instituto Marquês de Valle Flôr.

 

DÍA: venres 11 de marzo

LUGAR: Hostal dos Reis Católicos – sancristía alta

Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

HORA: 13.00 horas

CLICK & EDIT by COCO