10/12/2010
Acto polo Día Internacional dos Dereitos Humanos
O escritor Fran Alonso realizará mañá venres, 10 de decembro, a lectura dun manifesto para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos. O acto, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, terá lugar ás 12.30 horas na sede da Fegamp, en Santiago de Compostela. A lectura do comunicado constituirá a apertura da Asemblea Xeral Extraordinaria, á que están convidados a participar representantes das 99 administracións socias do Fondo Galego (95 concellos e as 4 deputacións). Previamente, ás 11 horas, celebrarase unha Asemblea Xeral Ordinaria.
Fran Alonso (Vigo, 1963), poeta e narrador vencellado profesionalmente ao xornalismo e á edición en lingua galega, é autor de títulos tan premiados como Tráiler ou Territorio ocupado, unha crónica de literatura periodística sobre o conflito saharauí.
DÍA: venres 10 de decembro
LUGAR: Sede da Federación Galega de Municipios e Provincias
Rúa Varsovia 4C, 6ªplanta. Área Central.
Santiago de Compostela (A Coruña)
HORA: 12.30 horas
SERVIZO DE COMUNICACIÓN
Carmen Novas 616 145 077
comunicacion@fondogalego.org
